Para as casas de Galicia polo mundo (soneto galaico antigo)
De mil sangues filla, galaica raza,
es ti ao encheres, alén do mar,
as terras alleas co teu amar,
as túas lembranzas e a túa graza.
Pois ti te mezclaches, leda rapaza,
levando a saudade aos do lugar.
Xurdindo de novas en cada lar,
pequecha Galicia, linda pallaza.
De ti quen se esquece na alma esborrexe,
daquela, a morriña e a señardade
a alma remexen a aquel herexe.
Hai polo mundo unha grande irmandade
enxebre de orballo que aos teus protexe
das bágoas tristes e da soidade.
Bạn đang đọc truyện trên: AzTruyen.Top