Gallego: Conto de samain

Cando os placebos da mente deixan de facer efecto e o banal deixa de importar, a imaxinación adquire posesión da mente e un torrente de ideas saen a presión dende as partes máis exóticas da mente desa persoa. Debilitando mentalmente a persoa e deixándoa indefensa ante males maiores.

A fraqueza das mentes axuda, ademais, a derrubar psicoloxicamente a quen convive ao seu redor. Os males transmítense como virus polo aire, e os pensamentos e ideoloxías adhírense a outra persoa que sucumbe ao mesmo destino ao presenciar o sucedido cos seus ollos.

Xoán levantouse unha xélida mañá de novembro coa sensación de que algo lle fendía a fronte coa mirada. Ignorouno co pensamento de que eran imaxinacións súas e tentou seguir coa rutina. Xa na mesa, todos ao seu redor semellaba apagado, deprimido. E ante a súa insistencia, só obtiña negativas:

―Estou perfectamente, ¿si? ―dicíanlle seus familiares ―Deixa de molestar.

Calou a boca e centrouse na torrada que tiña na boca. Mentres, nunha esquina da casa un ente observaba, tranquilo, a súa obra. A feble mente desa xente xa estaba dobregándose ante a súa presencia, satisfeito de non necesitar influencialos para conseguir o seu obxectivo.

Unha sombra de pesadume acompañou ao rapaz o traxecto que separaba a súa casa do instituto. Todo o seu redor lle parecía depresivo: As árbores sen follas que se abanicaban ao compás do vento, que as mecía de forma melancólica. O actuar da xente, de xestos lentos e rostros inexpresivos. O meramente audible griñido dos corvos que escorría entre os seus tímpanos, facéndoo tolear e o ceo, pintado de gris como se un bote de tinta china se derramase.

A xornada escolar empeorou ―aínda máis― as cousas; seus compañeiros atopábanse apagados, sen ganas de nada, e os profesores sen ganas de ensinar. Todo isto concentrouse no seu interior como bile que ha de ser expulsada, anubrando aínda máis o seu pensamento e entorpecendo as súas accións.

Tres badaladas indicaron o fin das clases, e tras recoller o máis rápido que os seus fracos dedos lle permitían, volveu ao fogar. Nada cambiara dende a hora do almorzo: as respostas eran cortas, monosílabas sempre que podían, e atopábanse irritados. Calquera pregunta estaba fora de lugar e non se merecía o seu tempo.

Así subsistiu mes e medio. Rexentaba a idea de saír cos seus compañeiros, e só pasaba fora da cama o tempo imprescindible. A humidade era cada vez máis notoria e un arrecendo a lima podre enchía o ambiente.

Ese día levantárase sen estar realmente esperto. No almorzo a tensión do ambiente era maior ca a dos primeiros días, e unha sensación de incomodidade estaba presente. Encheu un vaso de zume de laranxa e torrou unha rebanda de pan.

Aínda que xa se acostumara, unha presencia atopábase as súas costas todo o tempo, aplicando o filtro da tristeza co que observaba o seu redor. Compracido polo seu efecto na súa vida, estaba decidido a consumilo na súa propia tristeza.

A xornada escolar rematou sen ningún cambio. Chegou a casa e tirou a mochila contra unha parede, dirixiuse escaleiras arriba e botouse a chorar. O seu fogar, os seus compañeiros, os seus estudos e os seus familiares deixaron de importar. A escuridade apoderouse da súa mente e pensamentos neglixentes cruzaron pola súa cabeza.

Media hora máis tarde, derramando varias lágrimas e emitindo pequenos lamentos, decidiu rematar con todo.

Súa mente non resistiu os incesantes placaxes da súa vida, e mentres o ente se burlaba da súa desgracia, el resistía con todas as súas forzas. Seu obxectivo estaba completo: ao cobrarse unha vítima, os que lle tiñan aprecio caerían con el.

Vítimas da súa propia inopia, o ente manipulaba a súa imaxinación e os pensamentos ao seu antollo, aplicando un filtro de depresión e dor.

E cada persoa ten o seu propio ente no seu interior; durmido, esperando a oportunidade para saír ao exterior e arruinar o vivido, o experimentado.

Bạn đang đọc truyện trên: AzTruyen.Top